Art. 1.

O Movemento Galego ao Socialismo é un partido revolucionario que loita pola superación do capitalismo e pola liberación nacional de Galiza, pola democracia socialista e o comunismo, no que toda explotación será abolida.

Como se afiliar ao MGS?

Sabemos que sen organización popular en todos os campos, sen ferramentas para a transformación, as ideas, despois dun primeiro momento de impulso, poden esmorecer. Porque queremos construír sobre a realidade como sobre unha rocha, se queres compartir connosco un camiño de loita colectiva para facermos de Galiza un país xusto e libre, podes facer túa esta ferramenta.

Cubrindo este formulario recibirás no teu enderezo electrónico información sobre a nosa organización política e sobre como faceres parte dela.