Facemos un chamamento aos traballadores e traballadoras e a todos os pobos a fortalecer a súa solidariedade co pobo palestino para acadar a liberación dos milleiros de presos políticos dos cárceres israelís, a destrución do muro da vergoña, a retirada do exército israelí de todos os territorios ocupados

Os Partidos Comunistas e Obreiros que asinamos este chamamento condenamos fortemente a declaración inaceptábel do presidente de EE.UU. Donald Trump por medio da cal os EUA recoñecen Xerusalén como capital de Israel.

Esta decisión socava a  xusta loita do pobo de Palestina contra a ocupación israelí, pola criazón e o recoñecemento dun Estado palestino nas fronteiras de 1967 e con Xerusalén Leste como a súa capital. Ademais, esta decisión é unha provocación perigosa contra os pobos do Oriente Medio, xa que aponta cara unha conflagración máis xeral na rexión para satisfacer os plans imperialistas de EE.UU.

A Unión Europea e os líderes dos seus estados membros en xeral tamén son responsábeis destes acontecementos porque levan anos profundando as súas relacións co estado de Israel, ao mesmo tempo que o estado israelí oprime e asasina ao pobo palestino.

Facemos un chamamento aos traballadores e traballadoras e a todos os pobos a fortalecer a súa solidariedade co pobo palestino para acadar a liberación dos milleiros de presos políticos dos cárceres israelís, a destrución do muro da vergoña, a retirada do exército israelí de todos os territorios ocupados de 1967, incluídos os Altos do Golán (Siria) e as Granxas de Shebaa (Líbano), o fin de todos os bloqueos contra os palestinos en Cisxordania e na Faixa de Gaza, o regreso dos refuxiados palestinos aos seus fogares en base ás resolucións das Nacións Unidas e o recoñecemento dun estado palestino independente, soberano e viábel nas fronteiras de 1967, con Xerusalén Leste como a súa capital.

Asinan o manifesto:

  1. Partido Comunista de Albania
  2. Partido Alxeriano pola Democracia e o Socialismo
  3. Partido Comunista de Australia
  4. Partido do Traballo de Austria
  5. Partido Comunista do Azerbaiyán
  6. Tribuna Progresista de Bahrein
  7. Partido Comunista de Bangladesh
  8. Partido Comunista de Wallonia-Bruxelas
  9. Partido do Traballo de Bélxica
  10. Partido Comunista Brasileiro
  11. Partido Comunista do Brasil
  12. Partido Socialista Obreiro de Croacia
  13. AKEL-Chipre
  14. Partido Comunista Alemán
  15. Partido Comunista de Bohemia e Moravia
  16. Partido Comunista en Dinamarca
  17. Partido Comunista de Ecuador
  18. Partido Comunista de Estonia
  19. Partido Comunista de Finlandia
  20. Partido Comunista de Grecia
  21. Partido Húngaro dos Traballadores
  22. Partido Comunista da India
  23. Partido Comunista da India (Marxista)
  24. Partido do Traballo de Corea
  25. Partido Tudeh do Irán
  26. Partido Comunista da Irlanda
  27. Partido dos Traballadores da Irlanda
  28. Partido Comunista (Italia)
  29. Movemento Galego ao Socialismo
  30. Movemento Socialista de Kazajastán
  31. Partido do Traballo da Corea
  32. Partido Comunista das Filipinas -PKP 1930
  33. Partido Comunista Iraquí
  34. Partido Comunista de Luxemburgo
  35. Partido Comunista de Malta
  36. Partido Comunista de México
  37. Partido Popular Socialista de México
  38. Novo Partido Comunista dos Países Baixos
  39. Partido Comunista de Noruega
  40. Partido Comunista Palestino
  41. Partido Comunista Paraguaio
  42. Partido Comunista Portugués
  43. Partido Socialista Romanés
  44. Partido Comunista dos Estados Unidos
  45. Partido dos Comunistas -USA
  46. Partido Comunista da Federación Rusa
  47. Partido Comunista Obreiro de Rusia
  48. Partido Comunista de Serbia
  49. Partido Comunista (Suíza)
  50. Unión de Partidos Comunistas-CPSU
  51. Partido Comunista da Unión Soviética
  52. Novo Partido Comunista de Iugoslavia
  53. Partido Comunista de Sri Lanka
  54. Partido Comunista de Suráfrica
  55. Partido Comunista dos Pobos de España
  56. Partido Comunista de Turquía
  57. Partido Comunista da Ucraína
  58. Partido Comunista Unificado de Xeorxia
  59. Partido do Pobo Palestino
  60. Partido Obreiro Húngaro
  61. Polo de Renacemento Comunista da Francia
  62. Unión de Comunistas de Bulgaria
  63. Unión de Comunistas de Ucraína
  64. Unión do Povo Galego

 

Podes consultar tamén o comunicado que emitimos sobre o Centenario da Declaración Balfour: