Sen organización, as ideas, logo dun primeiro momento de impulso, van perdendo eficacia.

Ernesto Che Guevara

 

Por que colaborar co MGS?

Toda protesta é unha chamada pola xustiza da que carecemos. A folga xeral para recuperar a riqueza que nos rouban. O piquete que denuncia a ameaza do despedimento. A manifestación que quere entrabar a expulsión do fogar ou do país, que paraliza a enésima agresión á natureza, que recupera a última liberdade arrebatada.

A organización é a ferramenta que transforma as ideas en feitos. Que reune e aumenta o volume da arroiada popular. Que converte en permanentes os chamamentos pola xustiza, multiplicando a súa forza e superando as intermitencias. Moitas son as accións precisas para que este utensilio realice o seu traballo. Precisamos máis e mellores recursos para a actividade política de masas, destinados á información e á propaganda, á mobilización, á edición de material, á actividade editorial, aos desprazamentos e a moitas outras tarefas.

Dirixímonos a todas aquelas e aqueles que respaldan o reforzamento da loita popular a partir da coherencia entre medios e principios políticos, ás que valoran a capacidade de loita e compromiso da nosa militancia en defensa dunha patria independente e soberana, dos intereses da clase traballadora e dos ideais do comunismo.

Como o facer?

Propoñemos a posibilidade de expresar o compromiso por medio dunha colaboración económica de carácter puntual ou regular. E facémolo para reforzar as nosas capacidades perante os inmensos retos que hoxe temos por diante. Está na túa man contribuír, na medida das túas capacidades. Se desexas convertirte en colaboradora ou colaborador económico do MGS, ou receber máis información de como facelo, podes escoller algunha destas opcións:

Realizar unha transferencia desde a túa conta
Podes realizar unha transferencia puntual no seguinte número de conta bancaria da Caixa Rural Galega, ao titular Movemento Galego ao Socialismo, co concepto Doazón. ES30 3070 0035 2761 5258 5326
Realizar unha transferencia por PayPal


Realizar unha domicilación bancaria
Se prefires realizar unha domiciliación bancaria (mínimo 20 euros anual), envíanos os teus datos a través do seguinte formulario. Á maior brevedade, porémonos en contacto contigo para recoller o resto de información de maneira segura.