Isca!, a organización xuvenil do MGS

Na actualidade, Isca! articúlase como organización xuvenil do Movemento Galego ao Socialismo, a partir da necesidade de organizar mocidade en chave revolucionaria para defender un proxecto de cambio social real. Sobre fundamentos independentistas, socialistas e feministas, organízase na Galiza de hoxe para construír a Galiza de mañá: libre, democrática, feminista e con xustiza social. Radicais, porque queren cambios de raíz. A necesidade de conseguir mudanzas estruturais é unha urxencia para o noso pobo e a nosa clase, e cómpre comezar a construílas desde xa.

Organizándose e formándose, loitando a pé de rúa, no movemento estudantil, no sindicalismo de clase, no feminismo, nos movementos en defensa da terra e no asociacionismo de base de todo tipo, Isca! continúa a aglutinar mocidade en base a un proxecto revolucionario.