Apoiar o BNG para avanzar cara a soberanía nacional e a xustiza social

Outubro 2012

No vindeiro 21 de Outubro celebraranse eleccións ao Parlamento de Galiza. Desde o Movemento Galego ao Socialismo entendemos que a participación electoral é necesaria para a loita que se ten que desenvolver no eido institucional, un aspecto máis da loita pola transformación social e a conquista da soberanía da nosa nación.