Acórdase unanimemente pechar o ciclo do Movemento Galego ao Socialismo e impulsar un proceso constituínte dunha nova organización: unha nova ferramenta política que recolla a bagaxe do MGS e as diferentes e enriquecedoras aprendizaxes e experiencias do conxunto das organizacións do campo popular, pero que defina novas prioridades, campos de traballo e formas de intervención neles e, sobre todo, que estea adaptada á nosa realidade e ao momento político actual.