A aula 0.1 da faculdade de Ciencias Políticas, no campus sur de Compostela, acollerá unha nova charla do militante e analista palestiniano Fayez Khalaf, que analizará os recentes levantamentos populares nos pobos árabes e as súas perspectivas, así como o recente ataque imperialista contra Libia.

O acto, coorganizado polo MGS e Isca!, terá lugar o xoves 31 de marzo ás 20h.