Despois do éxito da folga xeral, a CIG segue a mobilizarse contra a reforma laboral, desta vez con concentracíons nas sete principais cidades do país o mesmo día en que está prevista a aprobación no congreso deste brutal ataque contra a clase traballadora.
Os lugares e horarios das concentracións serán os seguintes:
- Santiago de Compostela: Praza de Galiza, 20.00 horas
- A Coruña: Delegación do Goberno, 20.00 horas
- Vigo: Farola de Príncipe, 20.00 horas
- Ourense: Subdelegación do Goberno, 20.00 horas
- Pontevedra: Subdelegación do Goberno, 20.00 horas
- Lugo: Subdelegación do Goberno, 20.00 horas
- Ferrol: Praza do Concello, 19.30 horas