O Movemento Galego ao Socialismo (MGS) realizará o próximo 12 de agosto unha commemoración do asasinato do militante nacionalista e comunista Moncho Reboiras, abatido polos disparos da policía franquista en 1975, xa nos estertores dun réxime sanguento até o final.

Reboiras aunou intelixencia e compromiso para actuar como un organizador nato ao longo da súa vida, tanto na reconstrución política do nacionalismo en plena ditadura como no campo cultural e no incipiente sindicalismo nacionalista, e finalmente en accións armadas. Recuperamos unha memoria e un exemplo que xa son patrimonio de todo o nacionalismo; porque o franquismo foi reformado polas elites, pero pecharon o camiño aos obxetivos revolucionarios; porque non puideron matar as súas ideas: sabemos que a única homenaxe posíbel é construír poder popular ata a vitoria, a independencia e o socialismo.

ACTO DO MGS:

12 de agosto – 13:00h
Cemiterio de Imo (Dodro)