Para os compañeiros e compañeiras que formamos parte da candidatura MÁIS ALÁ! ao Consello Nacional do BNG, candidatura promovida polo Movemento Galego ao Socialismo e mais pola organización xuvenil Isca!, esta Asemblea Nacional extraordinaria que a nosa organización afronta debe ser o marco para un debate político no que prime o contraste de ideas e propostas por riba da escolla das persoas que deben pilotar o rumbo do proxecto nos próximos tempos.

Nese sentido, a limitación da Asemblea a 2.500 delegados/as é, para nós, unha decisión errada por parte da actual dirección do BNG, que privou de participar directamente nesta Asemblea un número importante de compañeiros e compañeiras. Participación que, por outra parte, se fai máis necesaria que nunca para manter a vitalidade do proxecto e facer do BNG un verdadeiro instrumento en prol da autodeterminación nacional e a emancipación social.

Esta debe ser, pois, unha Asemblea para a rectificación da liña política, orientando os esforzos da organización á ampliación da base social e militante do nacionalismo, co fin de facer avanzar decididamente o proxecto emancipador que representa o BNG.

A Candidatura MÁIS ALÁ! ao Consello Nacional do BNG defende a necesidade de:

– Apostar por un cambio de rumbo da organización, que devolva o BNG aos lindeiros do nacionalismo soberanista desde coordenadas da esquerda transformadora, así como por unha mudanza nos métodos de traballo no seo da organización, horizontalizando as tomas de decisión e acompasando o labor político, o social e o institucional.

– Recuperar a capacidade mobilizadora da organización, e estabelecer unha nova relación cos movementos sociais, baseada na horizontalidade, na colaboración e respecto e recoñecemento mutuos.

Así mesmo, a Candidatura MÁIS ALÁ! ao Consello Nacional do BNG propugna un acordo integrador das diferentes sensibilidades que conflúen no BNG, co fin de conformar unha dirección política da organización que sexa reflexo do pluralismo existente.

Para a defensa deste postulados, presentamos unha candidatura ao Consello Nacional conformada polos seguintes compañeiros e compañeiras, representativos da maioría das comarcas do país e con importante presenza xuvenil e de militantes nacionalistas implicados en diversos movementos sociais:

1. Rafael Vilar González
41 anos. Escritor e filólogo. Militante da comarca de Santiago. Vinculado ao asociacionismo cultural de base, foi membro dos Consellos Locais de Ames e Compostela e Portavoz Nacional da Plataforma Nunca Máis.

2. Noa Presas Bergantiños
21 anos. Ourense. Estudante de Filoloxía Galega. Foi responsábel dos CAE e de Galiza Nova en Ourense, onde participou no Consello local do BNG. Participa do centro social A Esmorga. Membro do Consello Nacional do BNG e da Dirección Nacional de Galiza Nova.

3. Pedro Pérez Caride
39 anos. Traballador da seguridade. Concelleiro do BNG e voceiro municipal en Fornelos de Montes. Membro do Consello Comarcal de Vigo. Membro da Executiva da Federación de Servizos da CIG.

4. Ximena Mariel González Ataide
29 anos. Ourense. Nacida en Arxentina, filla dun emigrante galego. Estuda Arquitectura Técnica na UDC, onde foi responsábel de campus dos CAF. Membro da Dirección Nacional de Galiza Nova e é Responsábel de Organización da organización xuvenil Isca!. É activista cultural en Ourense e participa na Marcha Mundial das Mulleres.

5. Fidel Díéguez Díez
53 anos. Noia. Docente e membro do Conselho Nacional do BNG, ex-concelleiro en Noia. Delegado de persoal no IES Compañeiro Daniel. Directivo do Foro Republicano de Noia.

6. Xosefina Guitián Lema
42 anos. Vedra. Licenciada en Historia da Arte e traballadora da USC. Concelleira portavoz do BNG de Vedra. Colaboradora activa da Asociación Cultural Papaventos e de diversas asociacións culturais e veciñais no seu concello.

7. Antón Somoza Caxato
29 anos. Lugo. Investigador da USC-Departamento de Historia Contemporánea e de América. Foi Concelleiro do BNG en Lugo e Responsábel Comarcal de Galiza Nova en Lugo Centro. Directivo da Asociación Cultural Cultura do País.

8. Laura Arjonilla Cristóbal
21 anos. Estudante de Ciencias Políticas. Responsábel de Galiza Nova en Compostela e membro do Consello Local do BNG. Participa no movemento feminista e no movemento asembleario estudantil universitario.

9. Xosé Emilio Vicente Caneda
28 anos. Pontevedra. Militante do BNG nesta comarca. Traballa como xornalista. Foi Secretario Xeral de Galiza Nova.

10. Mª do Pilar Rodríguez Pérez
31 anos. Vigo. Enfermeira. Membro do Consello Local do BNG de Vigo. Membro da Executiva Comarcal de CIG-Saúde de Vigo.

11. Héctor López de Castro Ruíz
32 anos. Santiago de Compostela. Avogado especializado en dereito laboral e administrativo. Participa en colectivos culturais, lingüísticos e de defensa das liberdades públicas.

12. Emma Abella Cruz
44 anos. Nacida en Corme, reside en Malpica e traballa como profesora no IES de Ponteceso. Ex-concelleira do BNG en Ponteceso e en Malpica.

13. Roi López Carmona
24 anos. Pantón. Estudante e labrego. Responsábel Comarcal de Galiza Nova. Activista cultural e integrante dunha banda de música tradicional.

14. Soedade Fernández Silva
40 anos. Pontevedra. Sindicalista da CIG e membro da Executiva Comarcal. Vencellada ao movemento veciñal de Pontevedra.

15. Xulio Fernández Carnero
29 anos. Melide. Traballador do SLG. Foi responsábel comarcal de Galiza Nova na comarca da Montaña.

16. Paula Castro Lago
40 anos. Xornalista. Militante da comarca de Santiago. Foi membro do Consello Nacional, responsábel comarcal de Santiago, responsábel de comunicación nesta mesma comarca e responsábel de organización da asemblea local de Santiago.

17. Luís Enrique Yañez Estévez
28 anos. Celanova.Actualmente remanta os estudos de Enxeñería Técnica en Industrias Agrarias. Aux. Técnico de Topografía Electrónica. Participa da Asociación Xuvenil “Novo Ar”. Membro da Comisión de Montes de Trasportela (Gomesende). Membro do Consello Comarcal e da Executiva Comarcal do BNG na comarca de Celanova – Baixa Limia.

18. Beatriz Rei García
34 anos. Militante do BNG de Padrón. Forma parte da APA de Flavia-Rio Sar.

19. Francisco Souto Barreiro
46 anos. Nacido na Coruña, reside en Malpica.Percebeiro e poeta. Ex-concelleiro do BNG en Malpica (Bergantiños).

20. Antolín Alcántara Álvarez
52 anos. Vigo. Obreiro metalúrxico. Membro da Executiva Confederal da CIG.

21. Carme Baz Alonso
22 anos, militante do BNG na Guarda. Estuda Terapia Ocupacional na Coruña

22. Diego Santorio Moscoso
28 anos. A Coruña. Traballa como enxeñeiro. Militante de Galiza Nova.

23. Carlos Bello
30 anos. Traballa de asesor xurídico dunha empresa galega de produción de enerxía eléctrica a partir de fontes renovábeis en Lugo. Militante activo da Mesa pola Normalización Lingüística en Lugo e de Fala Ceibe do Bierzo.

24. Xoana Roig Regueira
19 anos. Lugo. Membro dun clube de atletismo. Estudante de FP. Foi Responsábel da Asemblea de Mulleres de GN en Lugo Centro.

25. Uxio-Breogán Diéguez Cequiel
31 anos. Noia. Historiador. Coordenador do Galeuzca de historiadores e membro do Consello da Memoria da Xunta de Galiza. Ex-Responsábel Local do BNG de Noia. Membro do Consello Comarcal do BNG na Ria de Muros e Noia.

26. Marcos González Pérez
22 anos. Ogrobe. Estuda Enxeñaría en Informática na Coruña. Participa nos Comités no seu centro e en Galiza Nova do Salnés.

27. Ana Aguiar Martínez
43 anos. Vigo. Traballadora Social. Participa no movemento asociativo e veciñal.

28. Breixo Lousada Valdés
25 anos. Sindicalista e deseñador gráfico. Nacido na Coruña, actualmente milita no BNG en Vigo. Membro da Dirección Nacional de Galiza Nova. Foi membro do Consello Comarcal do BNG na Coruña e en Pontevedra.

29. Xosé Antón Araúxo Rodríguez
39 anos. Traballa como secretario da Alcaldía de Gondomar. Membro do Consello Local do BNG en Gondomar.

30. Ilda Blanco González
28 anos. Licenciada en Bioloxía e Mestrado en Enxeñaría ambiental. Actualmente traballa no ensino medio. Foi responsábel dos CAE e membro da Dirección Nacional de GN. Participa no Centro social A Esmorga.

31. Inácio Pavón Barbagelata
34 anos. Militante en Ames e natural de Monforte. Sindicalista e activista cultural e deportivo de base.

32. Roberto Rodríguez González
28 anos. Ourense. Diplomando en Traballo Social. Foi concelleiro do BNG en Ourense.  Responsábel Comarcal de Galiza Nova e membro do Consello comarcal do BNG. Participa do Centro social A Esmorga e na CIG.

33. Inés López Fernández
22 anos. Pantón. Estudante de Arte é membro da Asociación Cultural O Castro no Concello de Pantón.

34. Xosé Anxo Noceda Carballo
43 anos. Natural de Fene. Licenciado en Bioloxia. Sindicalista e Secretario comarcal da CIG de Compostela. Membro do Consello Local do BNG.

35. Luís Miguel Borrajo Gutiérrez
23 anos. Maceda. Diplomado en Turismo. Participa da Asociación Cultural O Pipote e en asociacións deportivas de base. Actualmente traballa en Ogrobe.

36. Laura Rodríguez Pena
22 anos. Estudante de Historia da Arte en Compostela. Militante de Galiza Nova na Coruña. Participa do movemento feminista (MMM) e no movemento asembleario estudantil na universidade.

37. Manuel Cao Muñiz
52 anos. Poio. Ex-concelleiro nesta localidade. Desde sempre vencellado ao movemento cultural de base. Forma parte do Consello Local do BNG.

38. Antón Castro Ferreiro
21 anos. Pontedeume. Estudante. Responsábel dos Comités en Lugo. Membro da Asociación Cultural “Treme a Terra” de Pontedeume.

39. Olalla Conde Seoane
19 anos. Ourense. Estudante de Educación Social no Campus de Ourense, onde participa nos Comités. Responsábel comarcal da Asemblea de Mulleres. Activista do feminismo e do deporte de base.

40. Marcos Antonio López Fernández
36 anos. Mos. Obreiro metalúrxico. Militante do BNG en Mos. Activista cultural.

41. Xulio López Vilaverde
49 anos. Oroso. Empresario da hostalería. Organizador de exposicións artísticas e culturais. Presidente de Asociación de Amizade das Artes Galego Portuguesas.

42. Mª Teresa Rodríguez Vilaseco
42 anos. Compostela. Psicóloga. Colaboradora na constitución de Xiara, a primeira asociación galega de empregadas do fogar. Membro do Consello Local do BNG.

43. Xaquín Agulla Gómez
47 anos. Militante do BNG de Poio. Vicepresidente da Sociedade Cultural e Deportiva de Raxó. Membro da Executiva Nacional da Federación da Construcción da CIG.

44. Alba García Golmar
27 anos. Lugo. Veterinaria. Foi Responsábel de Campus dos CAF en Lugo. Directiva da Asociación Cultural Cultura do País, de Lugo

45. Xosé Carlos Xurxo Rodríguez
31 anos. O Saviñao. Traballador na recollida do leite. Activista cultural e membro de Adega. Participa na Plataforma pola Defensa da Ribeira Sacra.

46. Íria Pírez Alonso
24 anos. Militante de Galiza Nova en Vigo e membro da Dirección Comarcal nesta comarca. Particia nos Comités en Pontevedra onde estuda Publicidade.

47. Carlos Artur González Taboada
27 anos. Melide. Traballador da hostelería e delegado de persoal. Licenciado en Historia pola USC, onde foi responsábel do CAF

48. Xosé Luís Amigo Rodríguez
48 anos. Militante do BNG de Compostela. Ex-delegado de persoal na Federación da Banca.

49. Uxia Aguiar Ballesteros
25 anos. Lugo. Licenciada en Historia da Arte. Técnica restauradora de escultura.

50. Xosé Santiago Alvite Rueda
46 anos. Compostela. Licenciado en xornalismo é produtor na TVG sendo membro do Comité de Empresa.

Suplentes

51. Serxio Fontanes Blanco
40 anos. Militante do BNG de Vigo. Obreiro metalúrxico. Membro da Executiva Comarcal do Metal da CIG.

52. Adelaida Vidal Vizcaya
22 anos. A Coruña. Estudante de Arte Dramática en Vigo. Militante do BNG da Coruña.

53. Abelardo Rendo Rial
39 anos. Traballador da ONCE. Responsábel Local do BNG de Vedra. Membro fundador e ex-presidente da Asociación Cultural Ullán. Membro fundador da Asociación Verea. Ex-presidente da Asociación Cultural San Campio. Fundador da productora audiovisual “senunpesoealoloco” producións.

54. Núria Fernández Iglesias
23 anos. Ourense. Militante de Galiza Nova e do BNG de Ourense.

55. Manuel Mera Sánchez
63 anos. Vigo. Técnico electromecánico. Membro da Executiva Confederal da CIG. Colaborador de opinión en diversos medios de comunicación.