Asembleas abertas do MGS na Coruña, Mos, Burela e Tui

Na próxima semana seguiremos a celebrar asembleas abertas da nosa organización, encadradas no proceso previo á nosa 1ª Asemblea Nacional. Nestes actos, de carácter totalmente aberto, queremos por en común coa base social do nacionalismo a nosa visión sobre a actual situación política e a necesidade de reforzar o BNG con un discurso e unha práctica claramente situados no soberanismo e na esquerda. Terán lugar nos seguintes lugares, datas e horas:

A Coruña. Luns 21 de maio ás 20:00h no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, situado na rua Olmos 16-18, 1º

Mos. Luns 21 de maio ás 21:00h no local do BNG de Mos, situado na Avenida de Vigo nº 38, en Puxeiros.

Burela. Martes 22 de maio ás 19:00h no local do Colectivo Cultural Buril (R/ Leandro Cucurny s/n)

Tui. Mércores 23 de maio ás 21:00h no edificio Área Panorámica, na sala de exposicións.

 

Asemblea aberta en Bueu

A comarca do Morrazo acollerá desta volta a seguinte asemblea aberta das que a nosa organización está a convocar por todo o país co fin de compartir coa base social do nacionalismo a necesidade de reforzar unha aposta política soberanista e de esquerda no seo do BNG. Será na vila de Bueu, o venres 4 de maio ás 20:00h, na Sala Amalia Domínguez Búa.

Asemblea aberta en Ourense

A seguinte asemblea aberta da nosa organización terá lugar na cidade de Ourense, o próximo sábado 28 de abril ás 20:30h no Centro Social “Sem Um Can”, situado na Rúa do Vilar nº 9, na zona histórica. Como sempre, convidamos a asistir ao conxunto da base social do nacionalismo da comarca, de cara a pór en común a necesidade de afortalar no seo do BNG unha liña política nidiamente soberanista e de esquerdas, na liña do manifesto que vimos de apresentar hai unha semana para a nosa Asemblea Nacional.

Asemblea Aberta do MGS en Lugo

O Movemento Galego ao Socialismo segue a celebrar asembleas abertas por todo o país, no marco do proceso previo á nosa Asemblea Nacional. Desta volta será en Lugo, o martes 10 de abril ás 20:30h na Cervexaría Abadía (praza da Milagrosa 14).