Asembleas abertas do MGS na Coruña, Mos, Burela e Tui

Na próxima semana seguiremos a celebrar asembleas abertas da nosa organización, encadradas no proceso previo á nosa 1ª Asemblea Nacional. Nestes actos, de carácter totalmente aberto, queremos por en común coa base social do nacionalismo a nosa visión sobre a actual situación política e a necesidade de reforzar o BNG con un discurso e unha práctica claramente situados no soberanismo e na esquerda. Terán lugar nos seguintes lugares, datas e horas:

A Coruña. Luns 21 de maio ás 20:00h no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, situado na rua Olmos 16-18, 1º

Mos. Luns 21 de maio ás 21:00h no local do BNG de Mos, situado na Avenida de Vigo nº 38, en Puxeiros.

Burela. Martes 22 de maio ás 19:00h no local do Colectivo Cultural Buril (R/ Leandro Cucurny s/n)

Tui. Mércores 23 de maio ás 21:00h no edificio Área Panorámica, na sala de exposicións.

 

Acto público do MGS na Coruña

O proximo martes terá lugar na Coruña un acto público do Movemento Galego ao Socialismo no que compartiremos opinións sobre a coxuntura política do país, a situación actual no BNG e as necesidades de futuro do nacionalismo galego.

Intervirá Rafa Villar, membro da Executiva Nacional do BNG.

Será o próximo martes 25 de maio ás 20:30h no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (R/ Olmos, 16-18, 1º- A Coruña).