Asemblea Aberta do MGS en Lugo

O Movemento Galego ao Socialismo segue a celebrar asembleas abertas por todo o país, no marco do proceso previo á nosa Asemblea Nacional. Desta volta será en Lugo, o martes 10 de abril ás 20:30h na Cervexaría Abadía (praza da Milagrosa 14).

 

“Fachas” nas fachadas

Nas ocasións en que o PSOE tivo a posibilidade de executar medidas de reparación estas foron sempre timoratas, marcadas por unha actitude case equidistante e que viñan a interiorizar certas mensaxes que o propio franquismo sociolóxico ten expresado.