Xunto á activa participación no traballo previo de convocatoria da folga (asembleas, propaganda, etc.) que a nosa militancia está a desenvolver desde as estruturas da CIG, o MGS está a difundir tamén unha campaña propia, continuidade de que xa lanzaramos na folga xeral de marzo. Así, en diversos puntos do país pode verse xa a nosa propaganda de apoio á folga xeral, na que queremos ligar a necesidade desta xornada de loita da clase obreira coa urxencia de cuestionar este sistema e de avanzar no camiño da independencia e o socialismo, obxectivos estratéxicos que guían a nosa acción política.

Ademais, e conxuntamente con Isca!, organizamos o venres 9 de novembro unha charla-coloquio na cidade da Coruña, que contará coa presenza do noso compañeiro Ramiro Oubiña, membro da Exectiva Confederal da CIG. Será ás 20:00h no local da AVV de Monte Alto (Campo de Marte s/n).