A tregua declarada será pois un mero intervalo no proceso de xenocidio, colonización e ocupación planificado por Israel se non o evitamos. O noso apoio a campañas como as de Boicote, Desinvestimentos e Sancións (BDS) e a presión pública na rúa e nas institucións desde organizacións sociais, políticas, e sindicais aos nosos estados son a achega mínima que podemos facer para evitar que o masacre se prolongue eterna e impunemente.