na memoria e na acción

Moncho Reboiras

  • 12 de agosto ás 13 horas en Imo (Dodro).

homenaxe

O exemplo de Moncho Reboiras

Moncho Reboiras, asasinado pola policía española o 12 de agosto de 1975, un exemplo militante que queremos homenaxear. Levou o seu compromiso político até as súas últimas consecuencias, dando a vida por unha causa pola que seguimos a loitar.

Intervencións:

Xoan Bautista Mariño

Concelleiro do BNG en Dodro.

Xosé Rodríguez

Mesa Nacional de Isca!

Lucía Freire

Mesa Nacional do MGS e Executiva Confederal da CIG

Nemésio Barxa

Avogado d@s represaliad@s nacionalistas.

Música

Raiba en acústico e gaiteir@s.

Xantar popular

A homenaxe

“A vida de Moncho foi truncada aos vinte e cinco anos, mais, rebelde até o último segundo, sachou, abonou e sementou para que hoxe esteamos aquí lembrándoo e loitando con convencemento todos os días das nosas vidas”

Como chegar

Desde Padrón coller a Autovía do Barbanza cara Ribeira e imediatamente saír no primeiro desvío (dirección Dodro). Na rotonda coller a AC-305 (dirección Dodro, Rianxo, Ribeira). 

Aproximadamente a 3 km á dereita está o “Restaurante Xuncos”, a seguir coller o segundo desvío á dereita a uns 100m. 

Unha vez na pista, a 50m no primeiro desvío coller cara á esquerda e en 300 metros xa se chega ao cemiterio de San Xoan de Laíño.