Isca! desenvolverá nas próximas semanas unha campaña axitativa e de propaganda de denuncia do sistema capitalista. Nun momento como este, en que está mais a debate que nunca a lexitimidade do modelo social e económico no que vivimos, é importante incidir no seu verdadeiro carácter explotador e opresivo, deixando claro que calquer reivindicación dunha democracia verdadeira non pode desligarse dunha alternativa claramente anticapitalista.

Este é o texto que aparece nos cartaces da campaña:

O capitalismo é un sistema baseado na explotación, que condena a maioría da poboación mundial á miseria e que agora nin sequera é capaz de garantir dereitos básicos a amplas capas de sociedades como a nosa.

Son os poderes económicos os que toman as decisións importantes nas sociedades capitalistas. Eles controlan os medios de comunicación de masas, e eles son os que impoñen as medidas que, coa excusa da crise que eles provocaron, pretenden quitarnos dereitos sociais (emprego digno, pensións, sanidade pública…) para poder seguir a manter os seus beneficios e privilexios.

O capitalismo é por tanto incompatíbel con unha democracia real e só coa mobilización poderemos tumbalo e construir unha alternativa que garanta unha vida digna para a maioría da humanidade.

Rebélate, loita, organízate!