sábado 20 de novembro terá lugar unha masiva manifestación na cidade de Lisboa, na que se prevé a participación de persoas e organizacións non só de Portugal senón tamén de diferentes lugares de Europa. O motivo é a defensa da paz, o desarmamento e a esixencia da disolución da OTAN, organización militar imperialista que que neses días celebrará unha cimeira na capital portuguesa, á que está previsto que asistan os presidentes dos países que a integran, encabezados polo dos Estados Unidos. A mobilización está convocada pola campaña “Paz sim, NATO não”, que xa leva varios meses en marcha.

As organizacións Movemento Galego ao Socialismo (MGS) e Isca! estamos a organizar unha comitiva para acudir desde Galiza a esta mobilización, co fin de manifestar a nosa oposición á OTAN, á guerra e ao imperialismo e ao tempo visibilizar a loita da nosa nación no contexto internacional.

Quen estea interesada/o en asistir pode dirixirse a nós nos enderezos electrónicos info@iscagz.org ou nacional@mgs-galiza.org, ou a través deste formulario.

Pódese consultar toda a información sobre a campaña e a mobilización aquí:
http://www.pazsimnatonao.org/

>Folla informativa que repartiremos en Lisboa<