A Asociación pola Defensa da Ría (APDR) convoca unha nova mobilización este sábado, pola retirada do poluínte complexo de Ence-Elnosa da Ría de Pontevedra, unha das industrias máis contaminantes do noso país.

A poboación da comarca vén manifestando desde hai décadas a súa oposición á presenza das Celulosas, por motivos ambientais, sanitarios e sociais, sen que os distintos gobernos superaran as imposicións da empresa e asumiran coa valentía necesaria a necesidade de atopar solucións inmediatas. O PP, que foi o tradicional abandeirado dos intereses empresariais, rectificou parcialmente esta postura nos últimos anos, pero sen plantexar alternativas críbeis, polo que todo indica que tentará alongar a presenza do complexo máis alá do 2018.

Pola nosa parte, adherimos á mobilización xa que ningunha razón xustifica alongar aínda máis o deterioro do medio natural e da calidade de vida, así como a lamentábel eucaliptización da Galiza, e reclamamos un outro modelo económico que poña por diante as persoas e a natureza, e non os privilexios duns poucos.

cartazmarchaence