arredista2Segundo a crónica da central sindical nacionalista, arredor 16.000 persoas mobilizaronse nas 8 manifestacións convocadas baixo os lemas “Emprego e salarios dignos. Non ao pacto social” e “O déficit público que o pague o capital. Reforma fiscal xa!”

A defensa de medidas para enfrontar a crise dun xeito favorábel á clase traballadora e da necesidade de camiñar cara a un novo modelo socioeconómico foron as mensaxes centrais desta xornada, na que se lembrou a vixencia da loita de clases e se fixo un novo chamamento á mobilización frente á política de pacto social, que xa anuncia unha nova reforma laboral regresiva contra a que deberemos resistir.

O Movemento Galego ao Socialismo, xunto con Isca!, participou activamente nestas mobilizacións, nas que repartimos o segundo número da nosa revista, que viu a luz neste primeiro de maio.

1m2010_1

1m2010_3

1m2010_4

1m2010_5

1m2010_6

1m2010_7

1m2010_2