A gravidade das medidas que se veñen poñendo en marcha é tal que obriga ao sindicalismo nacionalista a dar unha resposta clara e contundente a elas, pero a súa actuación non se pode limitar a isto. Temos a obriga tamén de clarificar, perfectamente, que estamos ante un problema de modelo, ante unha crise do propio sistema.