Homenaxe a Moncho Reboiras

Cemiterio de Imo (Dodro) Venres 12/08, 13h.

Un ano mais o cemiterio de San Xoán de Laiño, en Imo (Concello de Dodro) acollerá un acto político co que queremos lembrar o exemplo militante de Moncho Reboiras, asasinado pola policía española o 12 de agosto de 1975. Cando se cumpren 41 anos da sua morte gostaríamos de contar coa túa presenza neste acto de homenaxe a quen levou o seu compromiso político até as súas últimas consecuencias, dando a vida por unha causa pola que seguimos a loitar. As actividades comezarán no cemiterio ás 13h co seguinte programa:

ACTUACIÓN do cantautor TINO BAZ

INTERVENCIÓNS

  • Xoán Bautista Mariño, concelleiro do BNG de Dodro que participou de cativo no enterro de Moncho Reboiras hai 40 anos, nunha parroquia tomada pola Guardia Civil.
  • Daniel Barral, Mesa Nacional de Isca!
  • Lois Ríos, dirixente da UPG nos anos 70 e un dos militantes que estaba no piso de Ferrol o día do seu asasinato.
  • Noa Presas, membro da Mesa Nacional do MGS e membro da Executiva do BNG.

XANTAR POPULAR. Ao remate do acto, celebraremos un xantar nunha carballeira acondicionada a 150 metros amenizado con gaiteiros. No caso de non acompañar o tempo contaremos cun local cuberto para poder celebrar o xantar con normalidade.

ROTEIRO. A media tarde, visitaremos os interesantes petroglifos de Bouza Abadín onde José Emílio Vicente e Bieito Pérez farán unha breve contextualización arqueolóxica e xeográfica dos petróglifos e das espectaculares vistas da ría e da contorna que paseou Moncho na súa infancia e mocidade.

Acompaña o evento en Facebook

Como chegar?

Para chegar: Desde Padrón coller a Autovía do Barbanza cara Ribeira e imediatamente saír no primeiro desvío (dirección Dodro). Na rotonda coller a AC-305 (dirección Dodro, Rianxo, Ribeira). Aproximadamente a 3 km á dereita está o “Restaurante Xuncos”, a seguir coller o segundo desvío á dereita a uns 100m. Unha vez na pista, a 50m no primeiro desvío coller cara á esquerda e en 300 metros xa se chega ao cemiterio de San Xoan de Laíño.

Máis información
Se precisas desprazamento ou tes algunha dúbida sobre o xantar, sobre como chegares ou calquera outra consulta, podes contactar connosco aquí.
Vídeo elaborado por activistas de GzVideos da homenaxe do ano pasado.