Logo da comparecencia pública na que anunciamos o noso cambio de nome, volvemos a contar con un espazo na rede que acompañe a nova xeira do Movemento Galego ao Socialismo. Esta páxina, provisional e ainda en construción, serviranos de canle directa para transmitir sen intermediarios as nosas posicións á base social do nacionalismo, tanto no seo do BNG como nos movementos sociais nos que traballamos.

Em breve iremos ampliando con maís contidos e recursos, para seguir avanzando na construción e na defensa dun proxecto revolucionario e soberanista para o noso país.