Para avanzar, tempo de sementar

Día da Patria 2014

Como vén sendo habitual nos últimos anos, o Día da Patria amence rodeado da descomposición do sistema, que se traduce directamente en máis fenda económica, sofremento das clases populares e ruptura social, mais tamén en enriquecimento das oligarquías e en datos macroeconómicos e promesas eleitoralistas que mal tapan xa a miseria que a súa maquinaria nos deixa.

A 3ª Asemblea Nacional do MGS acorda impulsar o proceso constituínte dunha nova organización adaptada á nova fase política