

En loita polo emprego, camiñemos cara o socialismo
Xullo de 2011
Nos últimos anos o capitalismo tentou sortear a súa crise cunha serie de medidas: perante un crecemento menor dos seus beneficios, promoveu unha financeirización acelerada da economía e o investimento na construción, mentres a clase traballadora, frente á descida do seu poder adquisitivo, se viu obrigada a un endebedamento maior promovido pola banca.