Máis Alá #12

O capitalismo non é democracia!

Novembro 2012

De pretentermos facer unha relación de todos os motivos para secundar esta folga, non teríamos espazo abondo neste voceiro, ante a colosal extensión da mancha da inxustiza e a desposesión. Apenas mencionaremos un incompleto inventario da infamia…

Máis Alá #11

Apoiar o BNG para avanzar cara a soberanía nacional e a xustiza social

Outubro 2012

No vindeiro 21 de Outubro celebraranse eleccións ao Parlamento de Galiza. Desde o Movemento Galego ao Socialismo entendemos que a participación electoral é necesaria para a loita que se ten que desenvolver no eido institucional, un aspecto máis da loita pola transformación social e a conquista da soberanía da nosa nación.

Máis Alá #10

Contra o abismo da crise, pola democracia e o socialismo: máis forza ao soberanismo

Día da Patria 2012

Como nunha guerra, a primeira vítima nunha crise é a verdade. En ocasións, trátase dun auténtico insulto á intelixencia: o ministro español de economia berra como se o esfolasen que non hai diñeiro, que non hai cartos para manter o gasto en educación e sanidade, excesivo e abusivo, nin para soster os salarios…

Máis Alá #9

O futuro da lingua galega é o futuro do país!

Maio 2012

No Movemento Galego ao Socialismo denunciabamos hai un tempo que o goberno do PP na Xunta pasara dun tempo a esta parte “da demolición á hibernación”: o seu goberno comezara cos ataques e desmontaxe de todas as medidas positivas que o nacionalismo impulsara desde o goberno…

Máis Alá #8

Folga Xeral: o capitalismo non é democracia

Marzo 2012

Non é por casualidade que nos atopamos hoxe fronte á terceira folga xeral nos dous últlimos anos. A crise capitalista, cuxa responsabilidade en ningún caso corresponde á clase traballadora, foi aproveitada como excusa perfecta pola patronal e os gobernos para impulsar un retroceso en dereitos que permitan saciar unha sede de beneficios insaciábel…