Construción nacional desde os concellos

Construción nacional desde os concellos

Febreiro de 2019

Entendemos como construción nacional todas aquelas medidas que se destinan de forma específica a cohesionar a comunidade nacional galega, afirmar a súa identidade e reverter o proceso de asimilación forzosa.

A construción nacional é por tanto unha parte integrante do proceso de emancipación nacional e transformación social que debe protagonizar o pobo galego, que se desenvolve de forma progresiva con iniciativas tácticas e estratéxicas, adaptadas á fase e ao contexto político. Neste caso, referímonos a medidas que se poden aplicar desde o poder local e a partir do contexto e da fase actual, marcada pola pulsión recentralizadora existente e pola imposición dunha lexislación non só completamente oposta a estes obxectivos, senón limitadora das posicións políticas nacionais, ameazante e represiva.

Os intereses do capital ou os do pobo: Recuperemos os servizos nos concellos

Os intereses do capital ou os do pobo: Recuperemos os servizos nos concellos

Febreiro de 2019

A remunicipalización dos servizos é unha medida mínima se mantemos algunha perspectiva de transformación desde o poder local. Debe enmarcarse nun proceso de concienciación popular sobre os límites do neoliberalismo e do capitalismo, así como dos intereses de clase que defende o Estado Español, manifestados na abondosa lexislación que defende polo miúdo os intereses das grandes empresas transnacionais.

O proceso de remunicipalización nesta fase histórica debilita os intereses dos monopolios, facilita a ampliación de certos dereitos da poboación, especialmente da máis explotada ou empobrecida, e permite elevar a conciencia do pobo ao implicar un enfrontamento coa alianza entre o Estado e os intereses empresariais. A xestión pública pode mellorar a calidade, a eficiencia e os prezos dos servizos, diminuír as oportunidades de corrupción política e amplía a participación popular e a transparencia.

Reflexións e aprendizaxes sobre a Revolución Catalá

Reflexións e aprendizaxes sobre a Revolución Catalá

Abril de 2018

A revolución democrática pola liberdade de Cataluña chegou a un punto de inflexión no que, sendo evidente o moito que se avanzou no proceso, tamén o é que non conseguiu ainda concretizar os seus obxectivos, polo que está nunha fase de debate sobre as tácticas e estratexias a seguir de aquí en diante. Independentemente deses debates e dos acontecementos mais recentes e inmediatos, vemos vemos necesario analizar o percorrido desta experiencia ainda en marcha, e tirar algunhas conclusións que nos sirvan para avanzar no noso propio camiño como pobo tamén negado polo Estado Español.

Son moitas as leccións que o proceso soberanista catalán, a maior ameaza que enfrentou até hoxe o réxime postfranquista español pode ensinarnos de cara a abrirmos un camiño propio de ruptura. Neste documento tentamos analizar algunas delas.

PROPOSTAS E ACHEGAS para o debate na XV Asemblea Nacional do BNG. Que facer agora?

PROPOSTAS E ACHEGAS
para o debate na XV Asemblea Nacional do BNG.
Que facer agora?

Febreiro de 2016

Apresentamos aquí, de forma ordenada, pública e detallada, as propostas e achegas que desde o Movemento Galego ao Socialismo levamos compartindo no proceso de debate da XV Asemblea Nacional do BNG con toda a militancia, para conseguirmos entre todas e todos un debate frutífero e unhas resolucións asembleares coas que facer avanzar o proxecto histórico do BNG: unha Galiza ceibe e popular.