Baixo o nome de “Proposta Militante”, a organización xuvenil Isca! e militantes independentes de Galiza Nova impulsan unha candidatura para participar na XI Asemblea Nacional da organizació xuvenil do BNG.

No plano organizativo, a candidatura impulsa unha democratización a todos os niveis, a posta en valor da pluralidade, unha potenciación da colexialidade dos organismos e un reforzo da política formativa. A nivel político-ideolóxico, a defensa dos valores da esquerda anticapitalista, a aposta decidida polo obxectivo estratéxico dun Estado propio, a recuperación do feminismo combativo ou unha nova relación cos movementos sociais son alguns dos eixos centrais do seu discurso. Tamén destaca a súa defensa da autonomía organizativa con respecto á fronte e a aposta por un discurso xuvenil propio, que contrasta co sumisión da actual dirección de Galiza Nova que a fixo acompañar em boa parte a deriva do BNG nos últimos anos.

O día 20 de outubro farase pública a composición completa desta candidatura que desde o MGS parabenizamos e  á que lle desexamos o mellor futuro, na liña do afortalamento dun proxecto crítico, soberanista e transformador no seo das diferentes estruturas do nacionalismo galego.

Ligazóns:
Blogue da Proposta Militante