arredista1No Día da Patria saiu á luz o primeiro número da nosa revista, que baixo o nome “Arredista!” quere ser unha publicación para o debate político e a reflexión en torno á loita polo socialismo, o nacionalismo, a solidariedade internacionalista, os movementos sociais ou as loitas sectoriais. Unha revista á que, sen unha periodicidade definida, pretendemos dar continuidade e consolidar como referente galego e de clase.

Estes son os artigos que contén:

– Unha nova paisaxe no nacionalismo galego
– Neoliberalismo lingüístico
– Isca!, o lume que prende
– Luita de classes: o “retorno”
– Entrevista a Serxio Fontanes e Antolín Alcántara, sindicalistas do metal
– Un novo escenario mundial?
– Panorama político en América Latina
– Recomendamos

Os primeiros exemplares distribuíronse o 24 e o 25 durante a manifestación do Día da Patria e no Festigal.

A seguir podes consultala integramente ou descargala:

Ver a pantalla completa

Descargar en pdf