Fronte á Constitución que nos nega, construamos nós o noso futuro!

A arquitectura constitucional impede na prática calquera reforma, ao requerir unha maioría parlamentar que non podía nen pode ser atinxida de maneira ningunha. Nen nos primeiros anos da transición, cun falso bipartidismo axiña consolidado, nen agora coa emerxencia duns máis do que discutíbeis novos axentes políticos que, simplemente, carecen da vontade necesaria para andar ese camiño