É demagóxico e populista xustificar recortes de dereitos laborais para as empregadas e empregados do sector público comparando o desemprego xerado aquí co xerado no sector privado. Como se o normal fose perder o emprego, cando terían que estar traballando para favoreceren a súa creación en todos os ámbitos.